¿Doctor qué?

O Dr. Migraña é un dos ‘alter egos’ de Carlos Mariño: mestre de día e roquero de noite.
Este personaxe nace durante o 2010, cando aínda formaba parte da incombustible “Companhía do Ruído”, coa que percorreu Galiza enteira e grazas á cal foi quen de aprender o que era ‘estar enriba dun escenario’.
Para buscar o xerme temos que remontarnos moitos anos atrás, alá pola década dos 90, cando un grupo de amigos de instituto fixeron realidade o sono de montar unha banda de Rock’n Roll da que foi ‘frontman’ e fundador:os míticos “Prestados”.
Din del que é un dos últimos roqueros da novena, xa que basea a súa música no Rock’n Roll de corte clásico con tintes de garaxe e pinceladas de blues.
De estética macarra: patillas pobladas, chupa de coiro, lentes escuros, botas camperas, flequillo erguido…, as súas letras son sinxelas, directas, cotiás e ‘pegañentas’; os seus concertos atrevidos, divertidos, case teatrais e cun toque canalla.
Poucas veces se ve só, normalmente vai acompañado dos «SpeedyFriends», un grupo de amigos que tanto valen para unha noite de farra, como para gravar un disco, ou para subirse a un escenario e vestir as súas cancións cun gusto exquisito e un talento envidiable.
Agora mesmo, ademais de ser un dos compoñentes das “Balas Perdidas”, banda que acompaña ao infatigable e inigualable «Chamaquito Pistolas», o Dr. Migraña está preparando os temas do que serán o seu segundo traballo: #OnTheRoadAgain.
Se tes a sorte de tropezarte cun dos seus ‘shows’ non pases de largo, aseguran que non deixa a ninguén indiferente.

Saúde e R’n Roll!!